O uso de Squeak para a mellora da aprendizaxe das matemáticas e das ciencias

Nas últimas clases estivemos falando dun proxecto chamado Squeak. Este proxecto consta cunha caixa de ferramentas para debuxar e cun catálogo de obxectos, e tamén cun conxunto de guións para conferir movemento, de modo que as formas se desplaxen por unha pantalla e interactúen. Squeak, permite conferir movemento a modelos gráficos, é un recurso de uso moi simple e de gran potencialidade, cuxo límite de aplicación radica na capacidade do docente de crear propostas e novos modos de relación no traballo cos alumnos/as. A través deste enlace podedes acceder a un pequeno documento onde se reflicte este proceso de aprendizaxe, casualmente o mesmo exercicio que realizamos na última clase interactiva:

http://www.slideshare.net/josemiguelcc/ideas-poderosas-en-el-aula-squeak  

Podo dicir que con este programa os nenos e nenas poden chegar a mudar a súa forma de entender a aprendizaxe, xa que están investigando e recollendo información dun xeito moi diferente a como o fan habitualmente e sendo eles os protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe, estando sempre apoiados polos profesor/a. Ademais este proxecto é visto polos rapaces como un xogo, unha nova forma de aprender afastada dos tradicionais libros e que ten o mesmo efecto positivo sobre eles. Considero que este é un proxecto moi interesante e que debería ter máis presencia no noso sistema educativo, xa que a tecnoloxía está a abarcar grandes ámbitos da nosa vida e pouco a pouco irá gañando posicións e confianza entre a sociedade.