Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

RECOMENSAS INTRÍNSECAS E EXTRÍNSECAS.

Lucía Reges Fernández.

Con relación ao malestar docente e á insatisfacción profesional que están sufrindo a maioria dos profesores neste momento histórico chegamos a preguntarnos que é o que non impide que abandonen o seu posto de traballo.  Baixo o meu punto de vista, a resposta a esta cuestión recae na motivación e nas recompensas, tanto intrínsecas como extrínsecas.

As recompensas intrínsecas da ensinanza son, por exemplo:

-          Cando un alumno lle dá as grazas ao seu profesor polo traballo ben feito.

-          A alegría que supón o traballo cos alumnos.

-          A satisfacción persoal que supón ver como os teus alumnos aprenden e melloran tanto nos conceptos, procedementos e actitudes.

É dicir, as recompensas intrínsecas supoñen que o docente non abandone o seu posto de traballo porque a pesar de que existan cousas que lle causen disgusto, encontra outras que lle supoñen gratificación e satisfacción persoal. Por exemplo “Non abandono o meu posto de traballo porque me gusta ensinar”.

Por outra banda, as recompensas extrínsecas poden ser:

-          O salario mensual.

-          O período vacacional dos docentes.

-          Os fines de semana e días festivos libres.

-          A seguridade de ter un horario fixo, etc.

É dicir, neste caso, o docente non abandona o seu posto de traballo, porque a pesar de que estea en desacordo con algunhas condicións, vese fortalecido por todos, ou parte, dos argumentos recollidos anteriormente. Realiza o traballo por causas externas que o favorecen. Por exemplo “Non abandono o meu posto de traballo porque de esta forma teño dereito a un longo período vacacional”.

Cando o que move a un docente a realizar o seu traballo son as recompensas externas, se estas cambian para peor (menos salario, máis horas de traballo, etc.) prodúcese unha situación de insatisfacción laboral. Se as recompensas son internas, ainda que cambien as condicións, o docente seguirá tendo a mesma actitude e motivación co seu labor, porque o que busca e a súa satisfacción persoal co traballo ben feito.

O ámbito da ensinanza é moi elixido por as recompensas extrínsecas, xa que moitas persoas deciden dedicarse a isto, sobre todo, polo salario fixo cada mes e polo período vacacional, sen embargo e paradóxicamente, é un dos ámbitos de traballo que nunca se caracteríza por este tipo de recompensas, de ahí o refrán “Pasa máis fame ca un mestre de escola”, e cada vez menos polos recortes que se están a producir por mor da crise económica.

Adoitase dicir que a profesión docente tende ao victimismo, moitas persoas de outros ámbitos laborais din que os docentes quéixanse de vicio (imaxino que o din fixándose únicamente nas recompensas extrínsecas). Pero eu creo que non é así, xa que os recortes que se están a producir, causan falta de recursos  materiais, humanos e económicos que dificultan a labor docente, porque no mundo tecnolóxico no que vivimos e a falta de  motivación do alumnado, require de novas tecnoloxías, por exemplo para que a escola avance coa sociedade e non se quede na pizarra e a xiz e pase a usar, por exemplo as pizarras dixitais. Na actualidade requírese un cambio educacional que non se pode levar a cabo, sobre todo , por esta falta de recursos.

Con relación a isto, podemos mencionar a Hargreaves que traballou no cambio educacional, as culturas da ensinanza, xeografías emocionais do cambio educacional, efectos das reformas educativas na educación secundaria e o seu profesorado, relacións entre o desenvolvemento profesional plantea a sociedade do coñecemento plantea a educación e aos docentes, dado que, como el di “vivimos en un momento definitorio de la historia educativa en el que el mundo en el que enseñan los docentes está experimentando profundas transformaciones”.

 Hargreaves propón a importancia de dotar aos cidadáns de espírito crítico, facelos capaces de procesar e xerarquizar as información circulantes, xa que di que a información non é por si mesma coñecemento, se non é asimilada, entendida e utilizada. Por este motivo explica que non podemos permanecer ao marxe da sociedade, é máis, debemos de preparar ás novas xeracións para unha participación activa e para afrontar os perigos que poidan atopar na súa vida. Para el, isto esixe un novo tipo de profesionalismo, que non pode ser a autonomía profesional e individualismo, senín que se debe afrontar dende comunidades profesionales de aprendizaxe e redes virtuais e presenciais.

Segúndo Heargreaves, os docentes, encóntranse atrapados en un “triángulo infernal” por ser ao mesmo tempo tres tipos de profesores:

-          Catalizadores da sociedade do coñecemento.

-          Víctimas de esa sociedade do coñecemento.

-          Contrapuntos para contrarestar os perigos que comporta na formación da cidadanía.

Como catalizadores el di que “deben intentar hacer de sus escuelas organizaciones de aprendizaje en las que las capacidades para aprender, así como las estructuras que sustentan el aprendizaje y que responde de manera constructiva al cambio, estén extendidas tanto entre los adultos como entre los niños”. Ensinar nunha sociedade do coñecemento supón cultivar novas capacidades como desenvolver un aprendizaxe cognitivo profundo, a creatividade e investigación, traballar en redes e equipos, promover a aprendizaxe profesional continuo dos profesores, a resolución de problemas e o compromiso para a mellora continua das organizacións.