Tecnoloxía Educativa. Comezamos

Día 28 de Xaneiro, 16:00 horas. Comezamos novo cuatrimestre con nova asignatura; Tecnoloxía Educativa.

Ata aquí todo normal. O pouco habitual comeza cando se presenta a metodoloxía  de traballo da materia, e por tanto tamén o modo de avaliala. Nun primeiro momento, hai que recoñecer que isto da rede social Stellae impón, por paradóxico que pareza xa que hoxe en día todos temos perfís en algunha rede social, incluso en varias.

Pois ben, con esta nova metodoloxía de traballo, trátase de fomentar o traballo e por tanto tamén a aprendizaxe autónoma de cada un de nós, que debemos empregar o Stellae para facer un e-portafolio no que queden reflexadas as nosas inquedanzas por aprender, a través da búsqueda de información que nos axude a comprender a materia.

Para comezar co meu portafolio, tratarei de clarificar o que significa tecnoloxía educativa.

                                     image

Segundo a RAE, tecnoloxía é o “conxunto de teorías ou de técnicas que permiten o aprobeitamento práctico dun coñecemento científico”.

E educativo é “ aquilo que educa ou serve para educar”.

Tendo en conta estas dúas definicións, pode dicirse que a tecnoloxía educativa é o conxunto de teorías ou técnicas, que empregadas dun xeito didáctico, facilitan o aprobeitamento práctico dun coñecemento científico.

No transcurso da clase, propúxosenos facer unha choiva de ideas sobre o que para nós é a tecnoloxía. Nesta actividade saíron palabras como: innovación, redes, comunicación, recursos virtuais, cambio, información, desenvolvemento, interacción, coñecementos, actualización… Todos elas con carácter positivo, pero tamén apareceron outras, en moito menor medida, cun carácter máis negativo (illamento, retroceso).

Resulta moi curioso, ver como prácticamente todos, relacionamos a tecnoloxía coa internet, con novos aparellos como as tablets, os smartphones, os portátiles… pero ningún de nós caeu na conta de que a tecnoloxía, estaba antes que todo eso.

Esta materia, de seguro nos axudará a comprender o que realmente significa tecnoloxía, e máis concretamente tecnoloxía educativa. Persoalmente, esta materia supón un reto, xa que a pesares de levar toda a vida estudando, é unha metodoloxía que se sae do habitual, e que por tanto obriga a facer un esforzo persoal que creo que nos vai servir para o noso futuro, no sentido de que non sempre nos van dar todo “feito”.