Códigos QR

Anteriormente, Ariana falou da realidade  aumentada(RA).  Visión directa ou indirecta que se produce mediante a combinación de elementos físicos xa existentes e elementos virtuais nun entorno físico para a creación dunha realidade mixta a tempo real. Este avance actualmente utilízase en proxectos educativos, na ciruxía, para a arquitectura e, como non, para o divertimento.

En relación a esto tamén temos os Códigos QR, que son o soporte físico ou almacenador de información que permite entre outros, crear a realidade aumentada. estos códigos leense mediante as webcams ou cámaras de fotos de móviles. Instalando o programa de lectura adecuado para android, blackberry ou iphone, poderás ler os códigos que aparecen en periódicos, revistas, locales... de esta forma poderás extraer información de estos códigos que te conduncen a páginas web.

A continuación, deixo aquí un tutorial sobre como creare como ler un código QR:

Para finalizar, deixo un reportaxe dos informativos da sexta sobre a aplicación destos códigos na vida cotidiana:

 

Personalmente, intentei facelo, instalei o programa na miña blackberry pero non conseguía ler o código. Máis tarde co iphone de unha amiga que tamén tiña o programa instalado, entramos na promoción dun código QR da botella de cocacola o que nos levou a unha url de publicidade.

As aplicacións que se lles pode dar a este códigos son infinitas, descargar apuntes, ver información de monumentos, ver a carta de un restaurante.Para persoas con unha discapacidade visual,  pode ler multitude de información como prospectos de medicamentos, a información sobre algún establecemento que busque, sobre o lugar no que se atopa, etc.