Realfabetización

Realfabetización

Na clase expositiva de hoxe, tivemos a sorte de disfrutar da visita de unha alumna que está facendo o seu proxecto de fin de grao sobre as TICs na escola. Na súa exposición tratou varios aspectos do proceso enseñanza-aprendizaxe dunha clase de 6º curso de Primaria cos que se levou a cabo esta experiencia.

A exposición foi de gran interese non só para min, senón a nivel xeral, pois notábase na atención que todo o mundo lle adicaba. De ela podríamos falar de varios aspectos, pero hai un concepto do que ata o de agora creo que non falara, e que está moi relacionado con éste ambito tecnolóxico que aquí tratamos.

Ese termo de interese sería a realfabetización. Este concepto vai mais alá de que unha persoa teña unha alfabetización correcta no ámbito da lecto-escritura. Os inmigrantes dixitais que non naceron rodeados de tecnoloxías como sucede na actualidade, necesitan ser reeducados para poder ter unhas nocións básicas de como utilizar as novas tecnoloxías para o seu benestar tanto persoal como profesional.

Debo confesar que con esta exposición, non só se nos aportou unha experiencia real dos alumnos inmersos no ámbito das TICs e mais concretamente no do blog ( como é o noso caso ), senón que no meu caso tamén foi un bo exemplo de experiencia para encamiñar o Proxecto Fin de Grao que todos deberemos presentar o próximo ano.

Para rematar xa, deixovos dúas referencias de donde quitei algunhas das ideas sobre a Realfabetización que arriba expliquei. Son unha páxina dunha Universidade e un artigo, moi interesantes ambas e non demasiado extensas.

http://www.pdg.uva.es/alfonso/web/Realfabetizacion%20del%20profesorado.pdf

http://redalyc.uaemex.mx/src/inicio/ArtPdfRed.jsp?iCve=27418813011

Comentarios

  • Laura Pereira Mallo

    Acabo de facer unha entrada sobre a última clase expositiva, na que esta alumna de maxisterio nos amosou o seu proxecto. Coincido contigo na importancia desta clase, tanto para poder ver máis de cerca como se aplican as TIC na aula e sobretodo como unha experiencia para encauzar os nosos futuros proxectos.