Alfabetización S. XXI

É asumido por todos/as o concepto de alfabetismo como a habilidade de interpretar letras escritas nunha folla de papel que, unidas, forman palabras que comunican un significado concreto, polo que se converteu en tarefa da educación ensinar os xóvenes a unir palabras para entender á vez que expresar ideas máis complexas.

Pero, actualmente xa non cabe dúbida de que a información que nos rodea non a recibimos somentes a través de palabras escritas en papel, senón que prácticamente se fai mediante imaxes e sons, coa utilización de novos recursos e ferramentas moi poderosas que deixan patente a existencia dunha nova cultura multimedia a cal fai que as novas alfabetizacións sexan necesarias na escola.

Aparentemente resulta bastante natural o proceso de dixitalización para os nenos/as de hoxe, pois xa naceron nesta cultura multimedia considerándose como nativos dixitais e contan con tecnoloxía ó alcance da súa man: teléfonos móbiles, ordenadores, redes sociais e demais. 

Pero aínda así é preciso que os rapaces/as de hoxe saiban desenvolverse nas súas vidas a través desta cultura multimedia, de feito que precisan ter unha fluidez para a lectura e a escritura da linguaxe das imaxes e sons, da mesma maneira como ata o dagora se lles ensinou a leer e escribir a linguaxe da comunicación impresa.

 

 Novas formas de aprender, novos códigos e linguaxes e as novas formas de comunicar insertánse na realidade que estamos a vivir, supoñendo un verdadeiro impacto na educación da man dunha completa revolución dixital