Reflexión sobre a “Experiencia e análise dunha proposta educativa con TIC”.

Na clase expositiva do luns día sete, unha alumna de maxisterio dounos unha pequena charla onde presentaba o seu traballo de fin de grao. Esta alumna levou a cabo un proxecto centrado nas TIC nun colexio de Santiago de Compostela a alumnos de 6º de Primaria, cos cales elaborou un pequeno blog.

Con este traballo conseguiu que os alumnos interactuasen máis directamente coas TIC, sendo os protagonistas da súa propia aprendizaxe, unha aprendizaxe autónoma, onde se crea certo grao de independencia e onde o profesor adquire ou debería adquirir un papel secundario. Vexo este proxecto como un recursos innovador, xa que os alumnos/as vense máis motivados para realizar as actividades que se lles mandan, posto que non o ven como un traballo senón como un xogo.

ninos-internet.jpg

Pareceume unha clase bastante interesante, aínda que me gustaría que se falase máis sobre os resultados do proxecto e non tanto sobre a teoría, xa que como dixen anteriormente é un proxecto moi innovador e pode aportarnos grandes ideas para o noso futuro. Outro aspecto que me chamou a atención foron as conclusións que sacou esta alumna, como por exemplo, a pouco confianza que lle dan o profesorado as tecnoloxías como unha ferramenta máis de traballo e óptima para a aprendizaxe dos alumnos e tamén as “difíciles” condicións as que se tivo que adaptar para poder levalo a cabo.

Comentarios

  • Silvia

    Teño unhas sensacións con respecto á experiencia que nos expuxo Alba onte na clase expositiva moi parecidas a todo o que ti expresas.

    Creo que nos favoreceu moito a súa visita para mirar as TICs non só como un medio de enseñanza, ou como un medio de traballo, senón tamén como un futuro traballo para defender no fin da nosa formación como pedagogos.