Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

COLABORACIÓN. MICRO RELATO RELATANDO A EXPERIENCIA PROPIA SOBRE COLABORACIÓN.

Colaborar, en sentido Xeral é axudar e servir de maneira espontánea aos demais. A colaboración debe de darse como unha actitude permanente de servizo cara o traballo, pero tamén pode se pode axudr a calquera persoa que o necesite, pensando en todo aquello que nos gusta que fagan por nós, e tendo un carácter empático cara os demais.

A colaboración é posible cando a persoa é xenerosa, respetuosa e solidaria.

Se cada un aportara algo, poderíanse facer grandes actos cara os demais e enriquecernos da sabiduría uns dos outros.

A colaboración pódese conseguir se nos esforzamos nos pequenos detalles da vida cotiá, deixamos de ser egoístas e egocéntricos, brindamos axuda de forma espontánea, etc.

A colaboración está directamente relacionada coa motivación que ten a persoa de servir aos demais.

 

Micro relato.

Despois de falar da colaboración nos centros educativos, plasmo agora o que puiden ver nos centros educativos nos que estiven sobre este tema.

Durante as prácticas que realicei en maxisterio, puiden observar que no centro onde estiven non existía ningún tipo de colaboración por parte do profesorado. Os mestres non compartía as súas experiencias profesionais, nin a súa metodoloxía, como por exemplo, as súas técnicas para tratar na aula os contidos das diferentes materias, formas de motivación do alumnado, actividades lúdicas, etc. Nin nas actividades lúdicas de entroido existe unha colaboración entre docentes, o exemplo disto, é que nestas datas, os mestres non acordaron realizar a saída conxunta que se adoitaba facer anos antes, e cada mestre realizou a festa de entroido dentro da súa aula e non elaboraron un disfraz conxunto, desta forma cada alumno traia o seu disfraz da casa.

Nembargantes, si que vin a existencia de colaboración entre docentes e orientador/asesor, xa que os primeiros demandan axuda aos segundo, por exemplo, cando ven algún tipo de problema ou dificultade nalgún alumno, cando necesitan asesoramento pedagóxico para realizar un bo e adecuado deseño de actividades.

Entre o equipo do Departamento de Orientación existe unha boa actitude colaborativa, xa que existe unha axuda entre eles para o tratamento dos alumnos con problemas ou dificultades de aprendizaxe.

En outro centro no que estiven, neste caso de educación secundaria, onde as reunións de Departamento eran reunións de amigos onde se tomaba café e se falaba de temas persoais en vez de temas académicos e pedagóxicos.