Multimedia y Software educativo 2013-2014

Multimedia y Software educativo 2013-2014

Multimedia y Software educativo

Logo Foundation

http://www.logofoundation.org

LogoFoundation é unha organización educativa sen ánimo de lucro cuxa finalidade é informar/axudar a aqueles usuarios que empregen Logo como software educativo en diferentes espazos de aprendizaxe.

Esta fundación naceu no 1991 en Nova Iork e leva a cabo diferentes actividades arredor do mundo e na Internet, a saber:

  • Dirixir talleres, cursos, programas despois de horario de clases, grupos de usuarios e conferencias tanto para adultos como para nenos/as.
  • Publicación de materiais, documentos e o seu xornal "Logo Update".
  • Facilitar a comunicación entre os membros da comunidade Logo a través do LogoForum.

Lembra que...

  • Logo está baseado nunha filosofía educativa construtivista. Esta filosofía basease en que o coñecemento ten que ser creado por os educandos nas súas propias mentes a través da interacción con outras persoas e co mundo que os rodea.
  • A primeira versión de Logo ve a luz no 1967 grazas a Seymour Papert (matemático que tiña traballado con Piaget en Xenebra) e o seu equipo no MIT Artificial Intelligence Laboratory.
  • No 1970 comezan a levar a cabo investigacións en escolas de Escocia e Australia.
  • A través das programacións con Logo trabállase as matemáticas, a linguaxe, a música, a robótica, as telecomunicacións e as ciencias.
  • Pódense facer simulacións ou presentacións.
  • No 1980 levaron a cabo un proxecto nunha escola de Dallas e noutras de Nova Iork. Este proxecto incluía dúas semanas de formación para os profesores/as. 
  • No 1993 aparece unha nova versión de Logo chamada MicroWorlds. Incluía ferramentas para debuxar, editor de forma, creador de melodías, permitía importar gráficos e sons. Isto supoñía a posibilidade de poder realizar un proxecto multimedia, xogos ou simulacións.
  • No 2004 Logro crea un novo espazo de programación chamado Scratch. Utilizaba o paradigma de programación dos Logo Blocks. Permite deseñar e construír historias interactivas, animacións, xogos, música e arte.