Educ@conTIC

http://www.educacontic.es

Engado esta comunidade aos meus marcadores xa que é unha moi boa forma de obter información, antiga e actualizada, acerca do emprego das TICs nas aulas. Esta comunidade ten un carácter práctico e innovador a base de experiencias de referenza e de boas prácticas por parte de docentes que as realizaron nas súas aulas, e tamén engadidas por parte dos integrantes do equipo que a desenvolven.

O compartir coñecemento e comunicalo é a fundamentación do seu trballo, sendo unha base de recursos facendo tamén a función de rede social do coñecemento (como este propio Stellae); nela podemos atoparnos recursos, artigos, ferramentas, catálogos TIC e formatos multimedia entre outras cousas, e todos os temas organizados por etiquetas (artes, linguas estranxeiras, formación do profesorado,...).

Esta comunidade está presente en varias redes sociais e noutras formas de seguimento como Twitter, Facebook, Planetaki, Friendfeed e Delicious.