Fundación Orange

http://fundacionorange.es/

Esta páxina está dedicada a favorecer a comunicación e a creación de vínculos, mostrando un especial interese nas persoas con necesidades educativas especiais. Nela poderedes atopar experiencias persoais acerca do autismo por exemplo, pictogramas, noticias, proxectos, etc.

Se accededes á ventá de Proxectos veredes que moitos deles teñen relación coas TIC: In - TIC, In - TIC AGENDA, APPYAUTISM, entre outros. Resulta unha páxina moi dinámica e ademais interesante en diversos ámbitos que se poden levar á práctica. ¡Anímovos a que a utilicedes!