Tamara Cao Vigo

No sé trata de esperar a que pase la tormenta , se trata de aprender a bailar bajo la lluvia.

A biblioteca da USC e os seus taboleiros en Pinterest!!!

https://busc.wordpress.com/2015/03/17/algo-pasa-con-pinterest/

Post no Blog da Biblioteca Universitaria de Santiago no que se fala de algunhas incidencias no uso de Pinterest por parte de usuarios axenos á USC.

E eu fico sorprendida porque non sabía que a BUSC tiña un Blog e aínda menos que tiña actividade en Pinterest para informar dos seus fondos e de novas publicacións adquiridas entre outras cousas. Agora que acabo de ler sobre o uso que fan deste taboleiro en liña pareceme un gran descobrimento. Ademáis teñen un taboleiro que xa comencei a seguir denominado Mulleres no mundo no que van "engadindo novas que atinxen a situación da muller no mundo, á diversidade, á discriminación, tamén as conquistas que se van facendo día a día en prol da igualdade de oportunidades" e outro Unidades en liña ferramentas na rede, cousiñas intesantes, no que digamos que podemos seguir os marcadores sociais da BUSC.