Tamara Cao Vigo

No sé trata de esperar a que pase la tormenta , se trata de aprender a bailar bajo la lluvia.

Lecturas de Cine: Cine para convivir e outros

https://www.pinterest.com/bepinomanso/lecturas-de-cine/

Taboleiro de Pinterest chamado "Lecturas de Cine" da Biblioteca do IES Pino de Manso no cal podemos atopar diferentes publicacións relacionadas co cine, a linguaxe audiovisual, a pedagoxía da imaxe, a historia do cine, das súas etapas, as súas técnicas, como facer obradoiros de cine.

Aínda que hai varios títulos que me resultan intesantes e cuxa lectura resultaría moi apropiada de cara a nova tarefa que temos encomendada na materia, recomendo (pois é o único que coñezo) Cine para Convivir de Manuel Dios Diz do Seminario Galego de Educación para a Paz, unha publicación coa que conto na miña biblioteca persoal e que ofrece: unha breve historia do cine, un glosario de términos relacionados coas técnicas e a linguaxe do cine con exemplos en películas concretas, varias propostas didácticas para traballar o cineforum con alumnos de primaria e secundaria, un amplo compendio de películas para traballar valores en educación clasificadas por temáticas (violencia, malos tratos, fracaso escolar, o valor da amizade...) e un segundo compendio (que inclúe algúns dos filmes do anterior) e clasificación de películas en relación coa Declaración de dereitos humanos.

Faltaría nel o compoñente creativo: unha proposta didáctica para facer obradoiros de cine cos alumnos despois de todo o aprendido coa historia do cine, o glosario,  e os cineforum.