Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado

https://twitter.com/educaINTEF?lang=es

Esta páxina de twitter chegou a min por casualidade. Moito antes de comezar  a materia de Tecnoloxía Educativa, comezou a seguirme nesta rede social o usuario denominado Educación INTEF (conta verificada). Trátase da conta do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesordo. Como estudante e futura profesional deste campo interesoume dende o primeiro momento a conta.

Este Instituto é a unidade do Ministerio de Educación , Cultura e Deporte  responsable da integración das TICs nas etapas educativas non universitarias. Coa creación desta conta na rede social Twitter, pretende facilitar o intercambio de experiencias e recursos entre os profesionais da educación. 

Publican diariamente, artigos sobre novidades do campo, experiencias e resultados das mesmas, congresos e xornadas que se celebrarán referidas a esta temática, reflexión sobre os que xa se celebraron, información sobre diversos recursos que se poden empregar para achegar a Tecnoloxías ás aulas, etc.