Revistas de Educación EDIBA

http://www.ediba.com/Esp/

En relación ao que estivemos falando na última clase interactiva, preséntovos agora unha revista que ten tanto a súa versión impresa como dixital. Coñecedes as Revistas Ediba? Eu xa merquei o número do mes anterior. En lugar de facer a compra en impreso, tendes esta páxina na cal se presentan todos os recursos que ofrece Ediba e ademais, mediante a súa aplicación pódese descargar a versión dixital. Nas revistas ofrécense moitos recursos e actividades de cara á Educación Especial, Mestres de Educación Infantil, Mestres de Educación Primaria... Votádelle unha ollada, son moi interesantes!