Video en educación

http://videoeneducacion.com/

Despois de termos realizado o vídeo que se nos pediu nesta materia, pareceume interesante compartir con vós Videoeneducacion. Trátase dunha páxina que descubrín hai pouco tempo onde podemos atopar calquera tipo de información que poidamos precisar á hora de realizar unha narrativa dixital. Dende os contidos máis teóricos como os beneficios dos vídeos para a educación ata contidos como que tipo de licencias teñen os vídos de youtube. Anímovos a que lle botedes un vistazo!