Fundación Orange

http://fundacionorange.es/

De novo volvo a indicar a Fundación Orange nos meus marcadores. Esta páxina web coñecina durante o meu período de prácticas, e sempre busco un momentiño na miña axenda para visitar novedades.

Dende a Fundación realizan, colaboran e promoven variedade de proxectos e actividades baixo o concepto de "tecnoingración social". Valoran a importancia do uso das novas tecnoloxías de cara a favorecer a comunicación, a creación de vínculos entre as persoas, tomando en consideracion sobre todo aqueles colectivos con barreiras na comunicación e participación; sendo ese un dos seus principais obxectivos.

Traballan moito de cara ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), tendo en conta que apoian o uso das novas tecnoloxías para unha mellor calidade de vida destas persoas.

Visitádea para ver a variedade de proxectos nos cales teñen en conta as novas tecnoloxías, vídeos, experiencias persoais, etc.