Revista Comunicar

http://www.revistacomunicar.com/

A Revista Comunicar coñecina a partir da elaboración da miña entrada sobre Alfabetización Mediática, como me pareceu interesante busquei información sobre a mesma. Trátase dunha revista científica internacional que abarca o ámbito da educación e comunicación e nela poden colaborar e participar profesionais de ambos os dous ámbitos. 

Cada un dos números das revistas céntrase principalmente nun tema arredor do cal xiran experiencias, propostas, reflexións, investigacións, plataformas, imaxes, informacións, fichas didácticas e referencias bibliográficas.