RELIEVE: REVISTA ELECTRÓNICA DE INVESTIGACIÓN Y EVALUACIÓN EDUCATIVA

http://www.uv.es/RELIEVE/

Logo de realizar varias búsquedas sobre cuestións tratadas na clase tomando como recurso os contidos publicados nesta revista, estou en condicións de dicir que é unha revista fiable e axeitada para traballar tamén, con coñecemento referido a Tecnoloxía aplicada a educación, pois nela recóllense numerosas investigacións e traballos realizados por expertos na materia, a través do aproveitamento eficaz das posibilidades de comunicación e intercambio de información que ofrece Internet. 

Recoméndovos que a consultedes para realizar as vosas búsquedas. 

Así, RELIEVE é a primeira revista electrónica de España de libre acceso e gratuíto, que ten unha orientación claramente académica baixo un esixente proceso de revisión por expertos dos contidos das súas publicacións, a cal pretende ser un instrumento de comunicación para toda a comunidade educativa, especializándose, concretamente en temas relacionados coa investigación e a avaliación educativa.