Pixel bit, Revista de Medios e Educación

http://acdc.sav.us.es/pixelbit/

A revista Pixel-Bit. Revista de Medios e Educación, é unha publicación interdisciplinar de investigación de carácter científico-académico, que pretende fomentar o intercambio de ideas e traballos no campo dos medios audiovisuais, informática e tecnoloxías avanzadas aplicadas ó terreo educativo e de formación en xeral, dirixida a expertos, investigadores, membros da comunidade educativa, responsables das áreas tecnolóxicas de centros educativo así como para estudantes e todos/as aqueles/as que desexen especializarse na área das novas tecnoloxías e as súas aplicacións educativas.

É unha páxina fiable, de acceso libre, aínda que tamén un/unha se pode rexistrar como usuario/a dela,  que está en constante actualización, estando os seus artigos e publicacións revisados por expertos na materia.