Edublogger

http://theedublogger.com/

Trátase dun BLOG que me pareceu moi interesante para coñecer as impresións e opinións dos bloggers acerca das Novas Tecnoloxías (NN.TT.) na educación. 

A través deste BLOG preténdese brindar axuda á comunidade de bloggers educativos coas NN.TT., compartindo as súas propias experiencias, consellos, trucos e ideas, ademais de promover o BLOG como medio de difusión e comunicación. 

O BLOG inclúe mensaxes por temas de interese así como unha guía para o educador. 

Ademais ofrece a posibilidade de suscribirse ó BLOG para manterse en contacto coa información, últimas novas e mensaxes deste sitio. 

Recoméndovos que adiquedes uns minutiños á navegar por este BLOG, non vos defraudará!!