INTEF: Instituto Nacional de Tecnoloxía Educativa e de Formación do Profesorado

http://www.ite.educacion.es/

Nesta páxina web faise referencia ó Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado, unidade do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte responsable da integración das TIC nas etapas educativas non universitarias. 

Navegando por esta páxina, obsérvase que tamén contan cun apartado específico de formación dixirido ó profesorado de calquera nivel educativo, ós cales se lles ofrecen todo un abano de recursos para empregar tanto pola man dos docentes como pola propia comunidade educativa. 

Ademais, especificamente presenta un apartado denominado "recursos para el profesorado", dividido en función de cada unha das materias que os profesores imparten nos centros e, a través do cal poden acceder a un catálogo completo de recursos que poder empregar nos procesos de ensino-aprendizaxe. 

É unha páxina fiable e de grande interesa para os docentes no que a súa formación en relación co uso das TIC nas aulas se refire.