Life Long Learning

http://www.lifelonglearning.co.uk/index.htm

Curioseando pola rede acerca do concepto tan coñecido por todos nós como é o lilfe long learning atopei esta páxina web que ofrece amplos recursos, dirixidos supostamente só para a educación de adultos pero que, obviamente poden ser empregados para o campo da formación permanente.

Aparentemente semella unha páxina algo difícil de manexar pero unha vez se familiariza un con ela non supón ningunha dificultade.

Na devandita páxina, ofrécense noticias relacionadas coa educación e a formación, así como unha serie de artigos de traballo destacados ou inclusive sondeos de opinión para os usuarios da mesma, bastantes curiosos, pois estes realízanse mensualmente e teñen como finalidade axudar a construír e imaxinar o futuro da aprendizaxe permanente pedindo a opinión sobre como nós afecta unha determinada cuestión ou problema de índole social e/ou política.

Anímovos a que lle botedes unha ollada

 

TAMARA REY