Asociación de mestres Rosa Sensat: movemento de renovación pedagóxica

http://www2.rosasensat.org/

Esta páxina é de grande interese para coñecer a figura da grande pedagoga catalana Rosa Sensat, que tanto loitou pola ensinanza facendo dela a súa paixón persoal así como o seu compromiso coa sociedade.

Unha vez se accede á páxina web en cuestión podemos atopar información acerca da Asociación en si mesma e dos obxectivos que pretende conseguir, ó igual que tamén inclúe iniciativas para contribuir á formación así como a actulización e renovación pedagóxica. 

Ademais, dende a propia asociación ofertánse cursos de formación para as diferentes etapas educativas e cursos de catalán. 

Incídese tamén no eido da asociación, na constitución de grupos de traballo e de investigación, nos cales se reúnen mestres/as e profesionais da educación con intereses comúns co fin de reflexionar e profundizar nun tema en concreto. 

Non cabe dúbida de que é unha páxina fiable e de utilidade para nós, os que pronto seremos pedagogos titulados, dende a cal se nos ofrece a posibilidade xa non só de comprender a figura de Rosa Sensat, senón que tamén nos permite coñecer de que maneira se concibe a formación continua de mestres, profesores e educadores dende esta recoñecida asociación e como esta se traballa a través da Escola de verán, dos cursos de formación así como dos grupos de traballo e investigación. 

TAMARA REY