Revista Internacional da Asociación Universitaria de Formación do Profesorado (AUFOP)

http://www.aufop.com/aufop/home

É a revista oficial, de carácter internacional creada pola Asociación Universitaria de Formación do Profesorado (AUFOP).

A AUFOP é unha asociación de persoas vinculadas á universidade e interesadas pola formación do profesorado.

A ela tamén poden pertencer, ademais de profesores universitarios, calquera outra persoa que desexe contribuir coa súa experiencia ou ben aquelas que dalgunha maneira estean relacionadas coa formación do profesorado. 

Mediante a publicación da súa revista, a asociación pretende difundir entre os seus membros novas de interese referidas á educación e a formación do profesorado, ademais de servir tamén de vehículo de difusión dos congresos e reunións científicas realizados así como das actividades e actos que dende a asociación se plantexan.