Profesorado: revista de currículum e formación do profesorado

http://www.ugr.es/~recfpro/

É a revista de profesorado de carácter científico-académico, publicada dende o ano 1997 polo grupo de investigación FORCE (formación centrada na escola) da Universidade de Granada, dirixida a investigadores e a profesionais da educación coa intención de promover e fomentar o debate científico-profesional, o intercambio de ideas e posicións, así como a divulgación dos resultados acadados nas investigacións realizadas. 

A temática fundamental da revista céntrase en áreas tan importantes para a materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, como son: 

- A formación inicial.

- O desenvolvemento profesional do docente.

- O desenvolvemento curricular e a innovación educativa.

- A tecnoloxía educativa.

Cómpre dicir que se trata dunha revista de publicación que edita, dende o ano 2007, tres números ó ano nos meses de abril, xullo e decembro.