CFR CORUÑA

Por Maria
http://www.edu.xunta.es/centros/cfrcoruna/

CFR DE A CORUÑA

O Centro de Formación e Recursos da Coruña, ten como principais funcións:

  1. Detectar e recoller as necesidades e demandas de formación nos centros educativos
    do seu ámbito de actuación e propoñer iniciativas e accións formativas que as satisfagan.
  2. Xestionar e executar as accións formativas que integran os plans anuais de formación
    do seu ámbito e colaborar, se é o caso, nas accións de formación a distancia.
  3. Promover accións de formación do profesorado nos centros, encamiñadas a impulsar
    a investigación educativa, fomentando e apoiando a participación do profesorado en seminarios permanentes, grupos de traballo, proxectos de formación en centros ou calquera
    outra modalidade de formación.
  4. Fomentar a innovación e as actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias
    educativas entre o profesorado.
  5. Promover a elaboración e difusión de materiais didácticos e de apoio á acción educativa.
  6. Proporcionar ao profesorado do seu ámbito territorial un servizo de documentación,
    elaboración e difusión de material didáctico, así como o acceso ao uso dos recursos pedagóxicos
    e dos fondos das súas bibliotecas e mediatecas.
  7. Calquera outra que a administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos
    propios do centro.