Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

http://www.usc.es/

Portal educativo da Universidade compostelana no que podemos obter útil e variada información sobre a mesma, así como servizos, ofertas, actividades, ligazóns ou incluso un xornal con información relevante cada día, tanto para os estudantes, profesores, ou o resto da comunidade educativa. Tamén inclúe un campus virtual (moodle) no que o profesorado sube material importante das diversas materias para o seu alumnado.