Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Kioskea - Comunidad informática

http://es.kioskea.net

Kioskea é unha páxina web na que se pode atopar numerosa información sobre o mundo informático e virtual. Deste modo, pódese acceder a noticias deste eido, por exemplo, "Facebook: burbujas en el chat" ou "HP incluirá sensores de movimiento", entre outras; tamén nos ofrecen a posibilidade de descargar ferramentas (como son os navegadores), participar nun foro, consultar artigos ou mesmo nos dan trucos sobre como solucionar algún problema que descoñecemos como resolver (configurar WI-FI en Linux, descargar vídeos de Youtube sen rexistrarse...).

Comentarios