Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Terainfo - Terabytes de información

http://terainfo.net/

Terainfo é unha páxina web na que podes atopar anuncios e comentarios sobre todo aquilo relacionado coa tecnoloxía e os "gadgets", os móbiles ou as redes sociais. Encóntrase moita información acerca destes temas, o problema é que sempre a hai que contrastar con outras fontes de información máis fiables, xa que a información é publicada por persoas descoñecidas que non firman na páxina.