Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

CVG Gobernabilidad - Comunidad virtual de desarrollo humano e institucional

http://www.gobernabilidad.cl/

CVG Gobernabilidade é un centro de estudos, investigación e formación composto por profesionais ligados á docencia e investigación universitaria, basándose a súa labor no emprego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Así, nesta páxina web podemos atopar diversos temas de interese como: a sociedade da información e do coñecemento, as tecnoloxías da información e comunicacións ou a globalización, entre outros. Tamén dispoñen dun foro de discusión, dun panel de opinión, de noticias e informes ou mesmo dunha tenda virtual. Sen dúbida o que máis destaco da páxina é o seu libro dixital e a futuragenda.