LinkedIn

http://es.linkedin.com/

LinkedIn é unha rede social, para persoas de distintos eidos profesionais. O obxetivo desta é poñerte en contacto con distintos profesionais da túa área ou outras. Ademais unha das súas principais utilidades é a oferta de axuda á que podes acceder a través de grupos nos cales te podes conectar con expertos nesa materia. por último, é unha nova maneira de buscar emprego.

No teu perfil, podes incluír o teu curriculum Vitae, así como dar información de distintas actividades que estes realizando, permitindoseche así mesmo o acceso a distintos grupos que poidan ser do teu interese. Neste sentido, un dos principais usos desta rede social é coñecer e seleccionar posibles candidatos a un posto de traballo determinado. Nos últimos anos, son moitas as empresas que seleccionan ao seu persoal grazas a esta rede social.

Considero que é bo coñecer esta web posto que a utilidade que pode ter no noso futuro laboral é moi alta.