Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Educaplay: Portal de Actividades Educativas Multimedia

http://www.educaplay.com/

Como o seu nome indica, "Educaplay" é un portal de actividades educativas multimedia. Así, podemos atopar multitude de recursos educativos ou actividades dos diversos eidos do coñecemento.