Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

La mirada pedagógica

http://blog.lamiradapedagogica.net/

La mirada pedagógica é un blog de Boris Mir, no que mediante o seu espazo persoal de opinión e reflexión sobre ensinar e aprender podemos analizar a perspectiva que posúe esta persoa sobre determinados temas da nosa realidade educativa. Non é que este señor sexa un gran pensador ou filósofo educativo, pero desta maneira e a través dos seus argumentos podemos fortificar e potenciar os nosos contrapoñendo ou afirmando todo o que este señor nos expón, ó examinalos polo miúdo.