Kely Torres Velo

Sensible, implicada co que acontece ao meu arredor e soñadora.

Revista de Educación

http://www.mecd.gob.es/revista-de-educacion

Revista do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte español. Foi fundada no 1940 e aborda os avances en investigación e innovación non só dende un punto de vista nacional, senón tamén internacional. Na última publicación deste ano figuran temas tan interesantes como a influencia da virtualización na motivación do alumnado universitario, identificación e desenvolvemento de valores nos estudantes universitarios, competencias emocionais do alumnado universitario de maxisterio e posibles implicacións na futura profesión, entre outros moitos temas que nos poden axudar a ampliar a mirada sobre a formación dos futuros docentes.