Kely Torres Velo

Sensible, implicada co que acontece ao meu arredor e soƱadora.

TED Talks about Education

http://www.ted.com/promos/TEDTalksEducation

TED é unha organización estadounidesense sen ánimo de lucro fundada no 1984. O acrónimo significa: Technology, Entertainment, Design e adícase a difundir en conferencias ideas interesantes acerca de determinadas temáticas, entre eles a educación. Iniciativas positivas que levan a cabo distintos profesionais da educación arredor do mundo, das cales non oiríamos falar senón fose por TED. Un exemplo disto, foi a última charla que vin dun profesor de química chamado Ramsey Musallam, na que conta en tan só seis minutos cómo se percatou de que tiña que cambiar a súa metodoloxía de ensinanza, adoptando unha nova función: espertar a curiosidade e a investigación nos seus alumnos.