INTEF

http://formacionprofesorado.educacion.es/

O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) é unha unidade do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte responsable da integración das TIC nas etapas non universitárias. Entre os seus obxectivos destacan:

  • Elaboración e difusión de materiais curriculares e outros documentos de apoio ó profesorado, o deseño de modelos para a formación do persoal docente e a realización de programas específicos destinados á actualización científica e didáctica do profesorado.
  • Elaboración e difusión de materiais en soporte dixital e audiovisual de todas as áreas de coñecemento.