Silvia Muñiz Núñez

"La inteligencia consiste no sólo en el conocimiento, sino también en la destreza de aplicar los conocimientos en la práctica" (Aristóteles)

Eduga, Revista Galega do Ensino

http://www.edu.xunta.es/eduga/

Ás distintas actuacións desenvolvidas pola rede de formación do profesorado, súmase outra colaboración: Eduga que a través de Formación, trátase unha nova sección da Revista Galega do Ensino, que constitúe unha fiestra aberta á participación dos profesionais do sector, que vai ofrecer unha canle de deliberación e presentación de propostas formativas cara á mellora das competencias profesionais do profesorado.

Formación comprende áreas ben diferenciadas, como  Enfoques , un espazo destinado a que destacados expertos en formación do profesorado refl exionen sobre o panorama educativo e a profesión docente. Proxeccións amosa artigos arredor de experiencias docentes na formaci ón na aula ou no centro educativo e reflexiona sobre os cambios introducidos e o seu impacto. Ampliacións presenta lecturas profesionais que motiven a nosa esixente comunidade para seguir aprendendo.