Facebook, o novo antidepresivo?

Facebook, o novo antidepresivo?

Iniciado por Lorena Sanín Respuestas (2)

     Acabo de ver este artigo e acabo de quedar anonadada.... Non sei moi ben que opinión ou postura adoptar ante a nova iniciativa de facebook, que consiste na creación dunha ferramenta para combater a depresión.

    Nun primeiro momento, como é normal pensei que realmente podía chegar a ser moi útil e significativa para moitos usuarios que padecen estes problemas, pero logo dunha lectura detida xa non sei moi ben que pensar...

     A ferramenta consiste en avisar ós administradores de facebook cando observamos entradas e comentarios negativos no perfil dun amigo ou amiga, e eles lle envían unha mensaxe preguntándolle se ten problemas e ofrecendolle distintas alternativas. Acaso é necesario virtualizar tanto as nosas vidas? Acaso non sería moito mellor, coller e falar directamente co teu amigo ou amiga en vez de usar ó facebook como intermediario ou 'psicólogo'? (qué será o próximo, facebook de casamenteira?). Con esta ferramenta considero que se virtualizan aínda mais do que xa están as relacións persoais, non entendo como algúen pode pensar que a mediación dun completo descoñecido a través dun ordenador vai ser mellor solución ante unha aparente depresión que as verbas dun amigo.

   Aínda así, penso tamén en casos 'extremos' quizais si que sexa unha boa alternativa, o que me fai dubidar en gran medida.

Qué opinades vos? Pensades que, como parece, realmente se está producindo unha completa deshumanización en nós a favor da 'vida virtual'? Qué opinades do feito de que as redes sociais cheguen a participar tanto e tenten ter tanta influencia na nosa vida? 

Link:http://www.abc.es/tecnologia/redes/20150227/abci-facebook-suicidio-herramienta-prevenir-201502271156.html

Sanín Sánchez, Lorena

Respuestas

  • Por Giuliana

    Ola Lorena, eu tamén acabo de quedar descolocada coa noticia.

    Sinceramente non creo que aporte nada positivo á persoa con depresión se un amigo avísalle a facebook que pode estar pasando por un momento difícil. Creo que pode xerar situacións peores xa que non creo que si eu tivera depresión parecérame ben que un "amigo" en vez de falar comigo directamente falara cun servicio de apoio dunha red social e ademais pode ser perxudicial levando a esa persoa a sentirse aínda peor e achegalo máis ao pensamento do suicidio coma solución aos seus problemas.

    Creo que facebook pode servir como medio de detección de posibles depresións en sí mesmo, pero non creo que mellore unha situación de depresión que uns expertos descoñecidos en totalidade intenten opinar sobre os teus problemas e a túa vida. Ademais creo que si unha persoa non busca un especialista nesa situación tampoco quererá contarlle os problemas a alguén que non sabe quen é, xa que non pensará que é tan grave como para contarlle cousas íntimas a un administrador ou especialista dunha red social. 

    Paréceme que nese caso o amigo que o le, debería como amigo que se supón que é, falar coa persoa directamente sen intermediarios e tentar axudalo ou se ve que é moi grave aconsellar ó seu amigo que fale co seu médico de familia ou cun psicólogo.

  • Por Rebeca Iglesias Sánchez

    En mi opinión considero que facebook es una herramienta que está bien para comunicarnos con personas que no están cerca, pero por otro lado su uso es excesivo, además de publicar nuestra vida privada.
    Yo creo que facebook en lugar de funcionar como antidepresivo es lo contrario, la gente publica siempre cantidad de fotos en lugares felices, con sus novios y novias y en lugares extraordinarios.

    Si visitas el perfil de alguna persona que habitualmente está actualizando, en facebook su vida te parecerá increíble ya que sus fotos y actualizaciones de estado tendrán relación con lo maravillosa que es su vida y yo creo que una persona que está pasando por un mal momento en lugar de salir a pasear y estar con gente distrayéndose, estará en el facebook y viendo esto su estado anímico será peor.

    La realidad es que podemos ser felices y hacer cosas a veces divertidas y otras veces no tanto, pero la realidad es que en algún momento tu estado anímico se decaerá y la mejor forma en mi opinión para levantarnos el ánimo es realizando el deporte que más nos guste o ir a algún lugar que nos relaje, como contemplar el mar, o estar con alguien que esté dispuesto a ayudarte.