hologramas en educación?

hologramas en educación?

Iniciado por ana noya

 

 

Navegando pola rede días atrás, atopei este vídeo, o cal me chamou moito a atención, xa que o que alí se presenta paréceme increíble…e agora, despois da interactiva de hoxe volvín a retomalo, e numerosas preguntas viñeron a miña cabeza…a primeira por resolver sería ¿Isto podería considerarse realidade aumentada?, ¿ como creedes que influiría este tipo de tecnoloxías se puideramos utilizalas na escola?, ¿ considerades este como un avance positivo?

 

Pensando sobre isto e a súa aplicación nunha aula veu a miña cabeza un artigo, que fai un tempo foi noticia. A nova falaba dun neno que acudía a escola por medio dun robot, debido a que unha grave enfermidade lle impedía asistir presencialmente as clases, deste xeito o cativo podía seguir o ritmo da clase e completar a súa formación sen que a súa saúde correse riscos. Así pois,¿ poderíamos utilizar os hologramas para este tipo de circunstancias?¿E para que alguén , co que nos separan moitos kilómetros nos comparta información en “ vivo e en directo”?¿ será este tipo de tecnoloxía a que substitúa as web cam, videochamadas e demais? ¿ Suporá un maior distanciamento persoal e un maior achegamento virtual?

Aí vos deixo esta información para todo aquel que queira aportar a súa opinión, completar o dito, debater o que expoño ou respostar a algunha das preguntas que vos plantexo.

 

 

http://goo.gl/y1MZlW