Novas metodoloxías

Vou subri dous artigos que veño de ler. Gustoume sobre todo o artigo sobre o profe de educación inversa, xa que fala de preparar os contidos previamente e dedicar o tempo de aula a traballar co alumnado; deste xeito o profesorado sempre pode observar como traballan os nenos/as. Tamén encontrei interesante a definición que fai do profesorado como guía (máis que como transmisor de coñecementos). Penso que este novo concepto de educación podería ser moi interesante en niveis superiores, xa que o alumnado pode xestionar o seu ritmo de comprensión do discurso do mestre e á vez traballar coa axuda deste durante o horario lectivo, permitindo así que o docente poida adaptar os traballos á forma de aprendizaxe de cada alumno e o seu ritmo persoal. 

Por outra banda o outra artigo, penso que ten unha maior relación con infantil, xa que consiste nun proxecto de creación de espazos abertos nos que os nenos e nenas traballen en grupo ca axuda das novas tecnoloxías sen unhas asignaturas concretas senón movidos polo interese do alumnado. Na miña opinión é un enfoque moi interesante e que me gustaría poder empregar na miña aula o día de mañá xa que, considero imprescindible partir do interese do alumnado para achegarlles os coñecementos e favorecer a autoaprendizaxe e o descubrimento persoal. 

Abrindo esta pedagoxía ás novas tecnoloxías aperecen un mundo de posibilidades e de camiños que os nenos e nenas poden seguir para chegar ó coñecemento, segundo a súa forma de aprender. É importante crear un clima no que o alumnado se sinta cómodo, onde non existan xerarquías e o mestre actue como un simple apoio e unha guía que permita ó alumnado acadar o seu obxectivo final que, por suposto, non ten que ser o mesmo obxectivo para todos e todas. 

As novas tecnoloxías nas aulas dannos a oportunidade de deixar atrás a metodoloxía tradicional e ofrecer unha educación mellor, porque non a aproveitamos?

Déixoos para que lles botedes unha ollada e comentedes o que consideredes oportuno.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/03/09/cole-asignaturas-examenesnueva-etapa-60-alumnos-3-profesores-notas-aulas-luz/0003_201503G9P25991.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/03/04/parece-innovacion-solo-rechaza-educacion/0003_201503G4P27991.htm

Respuestas

  • Por Teresa Candal Blanco

    Saudos! Respecto o que comentas sobre o colexio O Pelouro coñezo persoalmente a dous alumnos que estudaron nese centro dende infantil a finais da ESO e ambos casos desenvolvense de forma completamente oposta. 

    No primeiro dos casos a alumna incorporouse ó sistema educativo, o que a maoiría de nós estamos acostumados, no bacharelato e tivo unha adaptación moi satisfactoria, sen ingún tipo de difucultade para asumir o rol do alumnado e o tipo de aprendizaxe que se promove neste sistema. Resultou ser unha alumna responsable e capaz de tomar decisións, tendo moi en claro en todo momento o porqué do que estudaba e o que pretendía conseguir ca súa fromación. 

    Dende o meu punto de vista, como alumna no seu mismo nivel educativo, penso que tiña unha maior formación na liberdade de acción e pensamento, e unha visión crítica de todo aquilo que se lle transmitía nas aulas. 

    Por outa banda, o outro caso, este un alumno, formouse no mesmo centro e no mesmo nivel educativo que a outra alumna pero non foi quen de adaptarse ó sistema e non puido rematar o bacharelato, debido a que se atopuo con moitas carencias á hora de empregar a aprendizaxe memorística e realizar os exames establecidos. 

    Ó ter coñecemento destes dous casos non sei moi ben se ó alumnado procedente deste centro é quen de adaptarse o sistema educativo establecido polas administracións. Paréceme moi interesante e formativo o proxecto levado a cabo neste centro e penso que se debería levar a cabo nun maior número de escolas; na miña opinión o problema non reside nas dificultades de adaptación do alumnado ó sistema senón no propio sistema, que debería ter máis en conta as innovacións que xorden ó seu redor e incorporalas na medida do posible ó seu funcionamento tendo en conta, por suposto, as posibilidades do entorno e do propio centro.

  • Por Lorena Sanín

    Boas!

    Se non me lembro mal, recordo que na clase falamos xa do Flipped Classroom, e tanto naquel momento como agora coa noticia que publicaches chamoume a atención esta nova metodoloxía pero sobre todo as posibilidades que esta abre. Deste xeito, considero que centrándose nas clases menos en exposicións e mais en actividades prácticas o alumnado conseguiría reforzar os contidos nas súas mentes, ó ter estes a posiblidade de traballalos e practicalos nun entorno rico e estimulante, e como ben dis coa compaña do mestre como "guía". Ademais, considero que a lectura mais importante que podemos sacar deste artigo, e segundo a experiencia do mestre Padrós, é o aumento da motivación intrínseca tanto do alumnado (por aprender) como do profesorado (por ensinar), mellorando así sen dúbida o proceso de ensino-aprendizaxe e a súa calidade.

    Respecto á pregunta lanzada por Lucía, eu tamén coñezo a uns irmáns que asistiron ó Pelouro, e tamén os resultados foron dispares.

    O primeiro en escolarizarse no Pelouro foi o irmán maior (arredor de 3º/4º de primaria), logo dunha mala experiencia na escola ordinaria, e anos despois uníuse a súa irmá, pero xa con cinco anos, e ambos estiveron internos ata o remate da ESO. Ambos tiveron "bos resultados" na súa etapa do pelouro, pero ó pasar para bachillerato o irmán tivo dificultades, mentres que a irmá obtivo moi boas notas tanto no bacharelato, coma en selectividade coma actualmente na universidade. 

    Como ben teño comentado coa miña amiga, considero que o feito diferenciador (a parte das propias diferenzas individuais) é a idade de inicio da escolarización neste centro. A miña amiga comezou coñecendo só ese modelo de aprendizaxe, sendo una "peloura peloura" como dí ela, mentres que o irmán xa viña "corrompido" polo sistema educativo xeral (e polo tanto xa tiña unha idea moi negativa da mesma).

    Antes de avanzar mais, cabe concretar que si, estudan o que eles queren con total liberdade, pero que tamén teñen uns "obxectivos mínimos"  (mais ou menos semellantes ós establecidos por lei) concretos para cada alumno, e , sobre todo nos cursos mais avanzados, teñen que ir adaptando e organizando a súa aprendizaxe e traballo de modo que ó remate do curso os teñan mais ou menos acadados.

    Precísamente a dinámica e a forma de traballo que se implanta nos nenos/as dende pequenos permite que progresivamente eles mesmos sexan capaces de regular a súa aprendizaxe, desenvolvendo en gran medida a competencia de "aprender a aprender", xa que ó remate da escolaridade xa se coñecen o suficiente como para saber como aprenden e traballan mellor. Este feito unido ó de que non conciben o traballo e as actividades como unha perda de tempo e que realmente se interesan e lles gusta aprender son condicións básicas (baixo o meu punto de vista) para a superación de calqueira nivel educativo.

    Polo tanto, considero  en base ó que coñezo que, a pesares das diferenzas individuais, se está cognitivamente capacitado (nun mínimo), se realmente se está interesado por aprender e se aínda por enriba sabes cómo aprendes mellor e eres capaz de organizarte á perfección no teu proceso de aprendizaxe (como ocorre ca maioría dos estudantes do Pelouro) non deberías ter barreiras que che impedisen avanzar no sistema educativo ordinario (sobre todo logo de traballar ano tras ano para a conseción dunscontidos mínimos, (aínda que sexa de forma libre) cos que sí que teñen experiencia os alumnos do Pelouro). O que é seguro é que para este alumnado será un proceso moito mais aburrido ca  para o alumnado "ordinario" (que xa é dicir...).

    O que está claro é que este alumnado sae da ESO sabendo contidos realmente relevantes para as súas vidas e moi interesantes (por exemplo a miña amiga sen estudar ciencias da educación coñece a teoría das intelixencias múltiples e moitas outras), é dicir, saen realmente culturizados, polo cal opino que vale a pena "correr o risco".

    Como lle digo eu moitas veces, "non sabes ben a envexa que me das", ogallá non houbese tanta diferenza entre un modelo e outro.....

  • Por Ana Groba

    El tema del Pelouro que mencionas es un tema muy interesante.

    Al igual que las TIC y todo lo que hemos dado. Nada es neutro y todo tiene detrás un proyecto que podemos conocer o no conocer en su totalidad.

    Habría que cuestionarse numerosas cosas, pero interesante este debate.

    Un saludo