A plaga tecnolóxica

A plaga tecnolóxica

Iniciado por Rebeca Respuestas (1)

Consolas, teléfonos móviles, redes sociales… teñen absorvida á meirande parte da poboación actual. Xa non leemos nun papel (senon nun libro electrónico), non mantemos unha conversa telefónica (whatsappeamos), non falamos coa persoa que se sentou de lado nosa no autobús (levamos cascos), non esperamos colas (compramos por internet)... en verdade que nos aportan os aparatos electrónicos? Son útiles ou perxudiciais? Unha conversa perdura, un whatsapp borrase cun click.

Con isto non pretendo posicionarme en contra das novas tecnoloxías, xa que permiten que neste momento poidades leer a miña opinión entre outras moitas cousas. Pero si debemos ser conscientes do uso excesivo ou inadecuado destes recursos para que non nos absorban máis minutos da conta!

E vós, sodes conscientes das horas que pasamos conectados a un aparato electrónico? Cómo sería un día sen recursos tecnolóxicos?

Respuestas

  • Por Giuliana

    Eu aínda que intento ser consciente e deixar o móvil de lado, moitas veces nin me dou de conta de que o teño na man, e como eu miles de persoas nesta sociedade tecnolóxica. Creo que fundamentalmente estamos perdendo a capacidade de relacionarnos entre nós e de falar coa xente xa que pasamos mais tempo cos dispositivos que coas persoas que temos ó lado.

    O vídeo sobre a familia á hora de comer fíxome recordar que miña nai intentou fai uns meses quitar a televisión da cociña para poder manter conversacións mentres comían ou ceaban e ó final foi un fiasco porque miña irmá de 11 anos acababa de comer e levantábase da mesa correndo para ir ó salón onde sí que podía mirar a televisión. Polo que acabou volvéndoa a poñer para poder estar entretida mentres cociña ou prepara a comida, xa que pasa a maioría do tempo soa na cociña dende que eu non estou na casa.

    Paréceme realmente preocupante que a televisión ou os dispositivos móviles consigan que a comunicación verbal se reduza a un ola e que tal, este fin de semana estiven cos meus pais porque fun a visitalos e pasei a meirande parte do tempo falando ca parede porque meu pai estaba tan absorto cunha serie que non escoitaba nada do que lle dicía. 

    Non sei a vós pero a min as novas tecnoloxías non me parecen perxudiciais en sí mesmas senón que nós as volvemos perxudiciais coa utilidade que lle damos. E realmente estou cada día máis lonxe dos meus pais e da miña irmá por culpa de como as utilizan e da dependencia que teñen cara elas. Intentei cambiar isto pero é imposible, xa que cando en vez de disfrutar un momento en familia prefiren poñelo no seu estado de facebook ou sacar un selfie, e quítame as ganas de ir a xunto deles.

    A alguén mais lle está pasando algo parecido? Ou só pasan estas cousas na miña familia?