"Solo el 2% de los alumnos distingue la información relevante en Internet"

"Solo el 2% de los alumnos distingue la información relevante en Internet"

Iniciado por Laura Rodríguez Pedrares Respuestas (4)

Unha das primeiras lecturas que realizamos nesta materia, Procesos de Mellora e Uso das Tic, foi o Capítulo 4 do libro de Burbules, N., and T. Callister. "Las promesas de riesgo y los riesgos promisorios de las nuevas tecnologías de la información en educación."Educación-Riesgos y promesas de las nuevas tecnologías de la Información(2001).

Nel definíase ao usuario crítico como unha persoa que se conecta coa red motivada por un obxetivo específico (búsqueda de resposta a unha pregunta, búsqueda de solución a un problema...), por iso, o seu primeiro imperativo consiste en aprender a avaliar a credibilidade da información que obtén.

Ademais, dise que para ser usuario crítico se precisa ter consideración de factores non epistemolóxicos con relación á información obtida, formulando preguntas de natureza social ou política, preguntas que crucen os límites da información ao noso alcance e preguntas sobre os propios criterios de avaliación. 

Ademais, os usuarios deben realizar unha lectura crítica, recurrindo aos coñecementos previos para poder chegar a conclusións argumentadas, así como, un análise profundo da fonte de información, da organización dos contidos, etc.

En xeral, no texto trasmítese a idea de que, convertirse en usuario crítico das novas tecnoloxías de información e comunicación pode servír para aproveitarse e beneficiarse delas, pero, ata certo punto ditas tecnoloxías poden limitar a capacidade ou oportunidade da lectura crítica. 

 

Por todo isto, gustaríame compartir unha noticia publicada no periódico EL PAÍS, onde se reflexa a baixa capacidade crítica e a necesidade de formar usuarios críticos. 

http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2015/02/25/actualidad/1424883013_307170.html

A miña pregunta ou reflexión é: cal é ou debería ser o noso papel como docente ante esta situación? Como se deberían canalizar as TIC en educación infantil para crear usuarios críticos?

Despois de ler a noticia… como valorades, actualmente, o uso das TIC en EI?

Respuestas

  • Por Ana Groba

    Muy interesante la noticia y la pregunta que haces. 

    Esperemos que tus compañeros/as aporten a este foro para ver si entre todos formamos una buena respuesta.

    Un saludo, feliz Semana Santa. 

  • Por ana noya

    Despois de leer esta noticia, creo realmente, que non estamos facendo un bo traballo en canto ás novas tecnoloxías, xa que, como ben podemos leer no artigo: “ En la escuela, básicamente lo usan ( el 45% ) para escribir con un procesador de textos , como el Word, así como para hacer presentaciones con programas como el PowerPoint (44%). Vendo isto como pretendemos, pois, que coa formación que ofrecemos saian usuarios críticos? Quedámonos no superficial, no uso e manexo das TICS como fin último, como meta, obxectivo… e esquecemos que o importante é que saiban utilizalas como unha ferramenta…o que implica que aprendan a ser críticos na utilización das mesmas. Pero..como podemos cambiar isto? Formando ós mestres/as, que baixo o meu punto de vista, temos unha gran carencia neste terreo, xa que a nosa formación, polo menos a miña, en temas de tecnoloxía foron aprender a utilizar o Word, o MecaWin, e un pouco o paint…o resto que sei tíveno que aprender pola miña conta. É por isto, que como ben se nos di na noticia, que os mestres non se senten cómodos traballando se “os quitan quitan do Word e do PowerPoint”. Pero por que? Baixo a miña opinión, porque falta formación, e cando é así sentímonos máis seguros co que coñecemos e manexamos. Como vamos ensinar algo do que nos carecemos?

  • Por Elisa Iglesias Framil

    Estou de acordo con Ana no referente a que se acostuma a empregar as TIC como fin e non como ferramenta. Empregar as novas tecnoloxías non debe ser un fin en si mesmo, debe servirnos para acadar un obxectivo. Pero se nós facemos isto como persoas educadoras, non debería sorprendernos que o alumnado siga as nosas pautas (tanto no noso propio uso das TIC, como no que a eles lles esiximos como alumnado). É un uso moi limitado das novas tecnoloxías, moi pobre. Queremos conformarnos con iso?

    Creo que existe un problema de falta de formación, si, pero sobre todo de concienciación, porque o coñecemento, precisamente grazas ás TIC, témolo ao alcance da man. Xa non hai escusas para non saber, hai que querer. A idea da simple transmisión do coñecemento, sexa en infantil, na universidade ou nunha academia de informática, parece un tanto caduca. Eu creo que ten os días contados. Temos que querer aprender, porque se ese é o noso obxectivo, as ferramentas témolas.

    Deberíamos tratar de ser persoas críticas, curiosas e autónomas e fomentalo tamén dende a escola infantil.

  • Por Lorena Sanín

    Boas!

         Sen dúbida un tema moi interesante o que plantexas, e seguro que trae moita cola, aínda que supoño que todas as respostas irán na mesma liña.

        Os datos da investigación recollidos no artigo son bastante desalentadores, e non deixan dúbida de que algo estamos a facer mal.

        Tamén no capitulo 4 do libro que antes citaches de Burbules e Callister se describe a etioloxía deste problema, que aumentou significativamente nos últimos anos. Coa proliferación de internet e das novas TIC’s asociadas, (e mais concretamente da web 2.0), produciuse un gran aumento de contidos  e informacións. Isto é debido a que cada un pode expresar e comunicar as súas ideas e coñecementos, e así compartilos co mundo, o que como resultado da un gran abanico de recursos entre os que é moi difícil discernir, xa que é difícil atopar algún que se asocie ás nosas demandas, e por enriba non todos son válidos, xa que estes son totalmente subxectivos e dependentes dos coñecementos do emisor, que poden non ser certos. Todo o anterior provoca certo caos cando se pretende buscar certa información, e de ahí a necesidade de formar a lectores críticos, que saiban seleccionar fontes verídicas e discernir as informacións relevantes de todo ese conxunto de materiais e contidos.

          Agora ben, se é tan determinante e importante fomentar a habilidade de lectores críticos nos nosos alumnos, por qué está tan pouco desenvolvido? Persoalmente, este feito atribúoo a catro factores principais (algúns deles xa comentados polas miñas compañeiras): o pouco uso que se fai das TIC’s na escola e o pouco uso educativo que se lles da nos domicilios, a realización actividades pouco relevantes ou significativas, os poucos recursos dispoñibles e a pouca formación dos docentes neste campo.

         No mesmo artigo se afirma que as ratios correspondentes a un só ordenador son altísimas na maioría dos países ( 1 ordenador para 18 alumnos ou mesmo 1 ordenador para 80 estudantes), e que por enriba o uso temporal que se fai dos mesmos é moi reducido. Como se pretende, polo tanto, que os nenos saiban xa só encender un ordenador se apenas teñen contacto con eles? Está claro que a base da aprendizaxe é a práctica, e mais aínda neste tipo de aprendizaxes, polo cal o primeiro que deberíamos facer é poñer ós nenos e nenas en contacto coas ferramentas que se pretende que manexen á perfección.

       Cando os nenos e nenas usan o ordenador non aproveitan todo o seu potencial. Na casa úsase principalmente con fins lúdicas, e nas escolas, (como ben indica a nota de prensa do estudo citado no artigo (International Comuter and Information Literacy Study (ICILS), limítase o seu uso ós softwares de ofimática (procesadores de texto e creación de presentacións sobre todo), e como fonte de recursos informativos. Todos estes programas están ben, pero son só unha pequena parte do que nos poden ofrecer as TIC’s, como ben puidemos apreciar nas clases, xa que hai moitos outros recursos dispoñibles (webquest’s, edulim’s, squeak…) e que teñen un gran potencial educativo, ademais de ser moi atractivas para o alumnado, o que incrementaría a súa motivación por traballar e aprender

          O presente estudo non analiza só o pensamento crítico do estudantado respecto ás TIC’s, senón que tamén fala da falta de confianza dos mestres á hora de ensinar con TIC’s. Este sen dúbida é un factor determinante, xa que se non estás cómodo usando unha determinada tecnoloxía ou estratexia repercute negativamente no teu traballo, provocando reaccións de negación total á tecnoloxía ou de mal uso da mesma. O estudo afirma que o “46% dos mestres/as adquiriron habilidades de uso das TIC’s grazas á observación de outros mestres usándoas con fins educativos (IEA, 2013, p2), o que da claramente a entender que a formación neste campo nas universidades é basicamente nula. Polo tanto, se os propios mestres e mestras non saben usar as TIC con propiedade e corrección, como van saber os alumnos?.

          Por todo o anterior, considero que o papel dos mestres debería ser o de guía e orientador no uso das TIC, pero está claro que para acadar este fin este debe estar ben formado na materia e saber usalas con corrección, e debe estar formado tamén en estratexias de ensinanza desas habilidades ós discentes, para que logo eles poidan actuar autónomamente como lectores críticos.

         Por este motivo, considero tamén que sempre que haxa un bo docente á fronte, o uso das TIC’s pode ser moi beneficioso, xa que estas teñen moitas cousas malas (que serían dalgún modo paliadas por estes docentes competentes e profesionais), pero teñen moitísimas mais cousas boas, polo que sería unha pena deixar ás xeracións do futuro sen esta ferramenta, ou o que é o mesmo, coa ferramenta pero sen coñecer todas as potencialidades que esta ten e as posibilidades educativas que nos proporciona.

        Engádovos unha infografía sobre este estudo (en inglés), que recolle o esencial do mesmo dun xeito bastante atractivo e clarificador:

    Infografía ICILIS

    Bibliografía:

    - Burbules, N. e Callister, T (2001). Lectura crítica en la Internet, Educación:riesgos y promesas de las nuevas tecnologías de la información. (pp119-155). España: Granica.

    - International Association for the Evaluation of Educational Achievement (IEA), (2013), ICILIS 2013, press release. Recuperado de: http://goo.gl/orYTUu

    -  Pérez de Pablos, S. (2015) Los alumnos que empiezan secundaria no distinguen qué informaciones son relevantes en internet.  El país. Recuperado de: http://goo.gl/PQ4Fre