Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

¿FORMANDO A VOLUNTARIADO COMO ASESORES/AS?

¿FORMANDO A VOLUNTARIADO COMO ASESORES/AS?

Iniciado por Lucía Mourullo Cerdeira Respuestas (6)

Ola compañeiras e compañeiros, ollando as noticias de diferentes xornais encontreime con unha que me pareceu moi curiosa e que quero compartir con vós, é de El País é o enlace é: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/12/galicia/1352752194_877725.html

O que ven a dicir a noticia é: A Xunta forma a mil persoas como voluntarios/as contra a violencia de xénero, tras un período formativo de 25 horas, os asistentes poderán ser reclamados/as para realizar tarefas de acompañamento, apoio e información ás mulleres víctimas da violencia machista.Estas e estes voluntarios estarán a disposición da Rede Galega de Acollemento a Víctimas e, segundo  sexa o seu perfil e as súas inquietudes,  entrarán nuha segunda fase formación máis específica.

Que vós parece formar a voluntarios/as como asesores/as? Pódese formar a unha persoa en 25 horas sobre este tema? , Queren prescindir de profesionais cualificados? Esta proposta levada a cabo fai que  se poida extrapolar a outros ámbitos profesionais?  

Desde o meu punto de vista e reflexionando sobre as cuestións propostas considero que hai profesionais cualificados e expertos no tema e con maior coñecemento para poder realizar as tarefas propostas ó voluntariado. Con respecto ás horas formativas non me parecen as adecuadas xa que considero que é un tema moi amplo no cal teñen que estar máis formados.

E logo imaxinadevos que forman a voluntariado en psicopedagoxía, en pedagoxía, en traballo social,educación social...habendo profesionais cualificados abondo para  desempeñar as funcións que lle corresponden a cada cal.

Respuestas

  • Por yolanda llorente cuesta

    La verdad que gran parte de las personas que hay en el voluntariado a día de hoy son personas muy cualificadas. Igual las 25 horas de formación parecen escasas, pero depende. Mi caso no es parecido a la violencia de género, pero yo estoy de voluntaria en un grupo scout en Ourense y por ejemplo yo soy maestra, en proceso de licenciarme en psicopedagogia y tengo el título de monitor de tiempo libre. Mis compañero por ejemplo son ingenieron informaticos, ingeniera electrónica, fp de asistencia sociosanitaria, fp infantil, tafad, etc.

    Creo que por ejemplo a nosotros esas 25 horas nos podría servir para entender los casos particularmente pero tenemos formación suficiente para poder desempeñarlo. Al igual que nuestro caso podía haber muchos más.

    ¿Qué opinais?

  • Por Victoria Busto Amado

    Estou totalmente dacordo contigo Marta. Penso que o período formativo de 25 horas pode chegar a ser incluso un pouco humillante porque ¿En que cabeza colle que en 25 horas estemos formados o suficientemente como para enfrontarnos cun traballo de tales características? ¿Acaso o problema non demanda máis atención e formación? Con isto non pretendo dicir que o traballo de voluntariado sexa malo nin moito menos (todo o contrario e son a primeira en defendenlo) pero penso que hai profesionais moi ben formados a día de hoxe que non poden optar a un posto de traballo deste tipo, por tanto, debemos apostar por profesionais cualificados, o que non implica prescindir do voluntariado, por suposto que non. 

  • Por Milena Villar Varela

    Eu penso que ese tempo de período formativo é totalmente insuficiente! É imposible que en 25 horas, unha persoa esté capacitada para axudar a outras. Penso que se existen másteres e outros estudos para poder levar a cabo ese exercicio, esas 25 horas de curso de formación son ridículas. Estou moi a favor de que se forme voluntariado para axudar en distintos aspectos, neste caso para acompañar e informar ás mulleres maltratadas, pero debe haber sempre profesionais cualificados de por medio, porque en tan pouco tempo non é posible nin tan só informar dos distintos tipos de maltrato ou da situación actual deste tema. 

  • Por Lucía Mourullo Cerdeira

    Tedes razón, eu tampouco lle quero restar importancia ó voluntariado, xa que fan unha labor importante. E penso que é un proxecto un tanto carente de sentido, xa que se trata de involucrar a sociedade para loitar en contra da violencia de xénero, pero, preguntome eu? Non sería mellor que se levasen a cabo proxectos educativos relacionados con este tema nos centros escolares?, e que persoas profesionais da educación fosen os que os impartisen?,así desde cativos e desde a escola iríanse  concienciando  con esta problemática e involucrandose para chegar a que non existan víctimas.

    Pero, porque non o fan? Eu penso que á administración lle supón un gasto adicional e  lle é máis barato formar a voluntariado (que non teñen que pagarlle un salario) e prescindir das persoas profesionais , así xustifican que desde a Xunta se loita contra a violencia de xénero e, que con formar a voluntariado neste ámbito xa está todo solucionado.

  • Por Verónica Navarrete Alarcón

    Boas tardes!

    Entendo que unha formación de 25 horas é insuficiente sobre todo pola temática que estamos a tratar xa que unha formación lexítima sobre a violencia de xénero abrangue non só o coñecemento lexislativo e administrativo e o proceso que isto implica (dereito a vivendas de protección, intervención cos/as menores cando é o caso,...), senón que tamén é preciso formar a estas persoas a nivel psicolóxico e pedagóxico.

    Tódolos cristais a través dos cales se pode entender e intervir nestas situacións son necesarios, mais cando se busca unha acción de calidade. Por esta razón, Yolanda, penso que, aínda que en moitas ocasións o grupo de voluntariado ten unha cualificación alta xa sexa universitaria ou en formación profesional, á hora de levar a cabo a práctica, a intervención, non se garantizan certos coñecementos. Por exemplo, no meu caso podo afirmar que os coñecementos que teño sobre este eido non mos proporcionou a miña titulación, senón a formación complementaria que optei por buscar e cursar. 

    É dicir, entendo que o voluntariado é imprescindible para a acción e transformación social, pois é mostra dun interese intrínseco na poboación por esta necesidade de cambio. Sen embargo, tamén considero imprescindible, como ben sinala Milena, que todo grupo de voluntariado debe estar guiado, asesorado e acompañado por unha persoa técnica e profesional que saiba non soamente levar a cabo as accións, senón tamén xustificalas e entender na súa complexidade o por qué das mesmas.

    Sempre apoie a formación do voluntariado e non soamente en momentos puntuais, senón como parte do seu proceso, pero creo que esta formación en concreto non é correcta, como ben dicides. Non so polo que implica a nivel de intrusismo laboral, tamén pola repercusión que poida ter este feito na persoa víctima de xénero á cal se pretende acompañar. As veces a boa vontade das persoas non é suficiente,é necesaria que a acompañe unha formación pertinente.

    Por outra banda, non sei a razón (pero a podo supoñer sen problema) de por qué a Administración non pón máis cartos e esforzo para a educación, pero si podo afirmar que este labor preventivo lévase a cabo nas escolas, tanto directamente co alumando, como a través do profesorado (xa sexa por petición particular ou a través dos Centros de Formación do Profesorado) e dos pais e as nais, mediante a execución de proxectos educativos de asociacions e entidades non gubernamentais. Estou de acordo con que isto non chega, e debe ser dende o noso poder público dende o que reclamemos a presencia dun traballo de máis calidade, tendo en conta a educación de valores (pensamento crítico, respecto, cooperación, educación para a paz,...) como o elemento fundamental para que isto se consiga.

  • Por Iria Balayo Abeijón

    Persoalmente paréceme unha tomadura de pelo, queren chamar a atención sobre temas coma este para que pensamos que se están a mover pola grave lacra da violencia de xénero, cando en realidade tan só son medidas populistas, posto que si realmente lles interesara e se preocuparan realmente polo tema, se lles parecera realmente importante, non sería o mais lóxico que se preocuparan de ter os mellores profesionais capacitados para levar a cabo unha labor tan importante e necesaria?....simplemente paréceme unha auténtica burla.....