Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

¿Avanzar por avanzar?

¿Avanzar por avanzar?

Iniciado por Irene Agrelo Janza Respuestas (1)

En primeiro lugar gustariame facer un inciso para felicitarvos a todos e a todas. Debido á miña soberana vagancia e resabidas dificultades técnicas son repetidora desta asignatura, e nunca antes, das veces que teño asistido, vira tanta participación, entusiasmo e colaboración. Felicidades, porque dende a miña opinión ese é o verdadeiro espírito dun bo orientador.

En segundo lugar, lamento moito perderme o debate que se producirá mañá, porque a verdade é que ten unha pinta moi interesante, o xeito de debate dos "Círculos de Montero" parecenme moi instructivos, e asómbrame ver canto teño ainda por aprender, vendo aos meus compañeiros Daniel (ambos Wink) e Yesshenia. Xamais se me terían ocurrido eses xeitos de encarar a actividade que Lourdes propuxo.

En terceiro e último lugar (claramente, o meu número é o tres Laughing) gustaríame aportar o meu grao de arena ao debate sobre o artigo, e inda que farei unha reflexión persoal sobre os dous no meu blog, non quero perder a oportunidade agora de plantexarvos a miña dúbida: Polo que me pareceu entender, o autor parte da base de que é preciso cambiar os esquemas de modelos porque os modelos que se utilizaban xa están superados (entendendo que se atopan plenamente integrados na actividade de asesoramento), pero ¿realmente están superados? A miña experiencia dime que non, que a duras penas estamos no que el chama a segunda ola, e que nalgúns casos nin iso. ¿Qué pensades vos? ¿Non credes que sería preciso asentarse nesa estabilidade que describe o autor antes de plantexarse a posibilidade de avanzar?("...aprendimos acerca de la importancia del profesorado y los centros educativos, de contextualizar acciones y de dejar el papel de «agente de cambio» en mano de los docentes y sus directivos para ubicarnos en otros modelos de facilitadores, colaboradores y compañeros de viaje...") Penso que hai moitos centros nos que isto segue a ser unha loita desesperada, e que mentres non se estabilice dalgún xeito, cambiar de tercio so suporía "avanzar por avanzar". Tamén considero que antes de acadar os ambiciosos obxectivos que o autor propón tamén se debería tender a igualar a situación do asesoramento entre diferentes centros, que a día de hoxe permanece moi distanciada, Cando menos no meu contexto non vexo a aprendizaxe da que fala o autor cun efecto real, pero gustaríame tamén saber as vosas opinións.

¡Moitas gracias por aportarme tanto!

Respuestas

  • Por Lourdes Montero

    Unha practica sensata implica partir daquilo no que unha sentese máis segura de facer ben o seu traballo. Avanzar nunha ou outra dirección implica, na miña opinión, por unha banda, estar cos pes na terra e , por outra, correr algún risco para avanzar. Pero, que significa avanzar? Que modelos están superados? Por quen? Os centros educactivos parécense uns a outros como gotas de auga e son, a súa vez, singulares. É unha paradoxa? Como podemos saber que estamos todos nun punto común para desde ahí avanzar?

    Gracias Irene por facernos pensar coas túas dúbidas e interrogantes. Unha discusión sobre os modelos e os roles a desenvolver en cada un deles que non é baladí.

    Animo

    Lourdes