Los Pedagogos del fondo

Los Pedagogos del fondo

Mira hacia atrás y nos verás aprendiendo

Técnica Acuario

Boas noites rapaces.

Estaba reflesionando na casa e ante un traballo que teño que realizar, gustaríame facervos unha cuestión.

Recordades que fai un par de semanas levouse a cabo unha técnica grupal nesta materia chamada "técnica acuario" e, tras a súa aplicación e a boa resposta que tivo pregúntome se este tipo de técnica podería ser aplicada a un público de menor idade, e cun ton mais relaxado ou de "ocio"? E que non se me ocurren ideas a verdade. Sobre que temática creedes que se podería falar? Moitas grazas anticipadas compañeiros.

Respuestas

  • Por Adrian Bernardez Pintos

    Eu a verdade penso que sí. Quizáis o único requisito para min e o de ter unha capacidade reflexiva e contextual co que se está a tratar, e para iso penso que a partir dunha certa idade (12-13 anos) podería ser posible, iso sí, tratando temas adaptados aos seus coñecementos e intereses, eu por exemplo imaxínome a una clase de 2º da E.S.O realizando esta técnica coa nova circular de normas que mande o colexio por exemplo, onde se podería ir desglosando as distintas opinións que xorden la clase nun tema que lles concerne. Outro punto a destacar para mín tamén é o feito de adquirir disciplina e destrezas na exposición oral, respetando o turno e tratando de crear opinións. Na miña opinión compañeiro, penso que non é necesario uns grandes conñecementos nin capacidades para ser partícipe desta técnica, un pouco máis de motivación seica pode ser necesario pero tampoco moito máis, e todo cuestión de poñerse a bata e experimentar Sealed

  • Por jorge alvarez gonzalez

    Estou con vós rapaces, eu tamén penso que se podería levar a cabo esta técnica cun grupo de menor idade. Como ben dixo Adrián, hai que ter en conta a adaptación do tema que se vaia a tratar as capacidades pensativas dos nenos. Con esto quero dicir, que considero adecuada a técnica a temas e ámbitos que non sexan moi complexos. Ademáis, co uso desta metodoloxía creo que os alumnos van adquirindo un coñecemento máis traballado e meditado. Por outro lado, tamen me gustaría comentar que penso que con isto os nenos estarían máis motivados de cara o aprendizaxe, xa que mediante a participación estarían máis activos.