Los Pedagogos del fondo

Los Pedagogos del fondo

Mira hacia atrás y nos verás aprendiendo

Domingo Neira: "A homosexualidade é contaxiosa"

Domingo Neira: "A homosexualidade é contaxiosa"

Iniciado por jorge alvarez gonzalez Respuestas (3)

Como xa sabedes, un profesor da nosa Universidade está a ser o cotilleo das facultades debido a unhas declaracións que fixo sobre a homosexualidade. Penso que os seus comentarios están fora de lugar, e que non se deben permitir este tipo de mensaxes nas aulas e menos por parte dun docente. Non sei coma nos tempos que corren aínda poida haber xente que manifeste este tipo de ideas. 

Ante isto, eu quería coñecer cáles son as vosas opinións acerca desta noticia e qué credes que debería de facer a USC ante este personaxe.

Respuestas

  • Por Álvaro Conde Debén

    Boas tardes compañeiros!!

    Como ti dis, penso que estas declaracións están totalmente fora de lugar.

    Como educadores avogamos sempre por unha escola inclusiva, multicultural, integradora... Pois ben, penso que esta persoa esqueceuse de todo iso.

    Por outra parte, segundo as súas declaracións, dice que as súas afirmacións proveñen de estudos científicos. Persoalmente, penso que non pode haber ningún tipo de estudos que respalden as súas afirmacións, e en caso de habelos, gustaríame saber a súa procedenza, no momento en que se levaron a cabo... xa que coido que poden estar moi sesgados.

    Xa por último, tal e como se indica no comunicado oficial da USC, coido que non se poden permitir este tipo de afirmacións por ningún profesor pertencente a esta institución sexa cal sexa a súa especialización. Ademais, tendo en conta a loita de moitos profesionais pertencentes a USC por conseguir a igualdade nas aulas e a non discriminización.

    Como solución, eu tan só vexo unha posible, e é a súa distitución, xa que non se poden consentir este tipo de comentarios en ningún contexto, e moito menos en Educación.

    Pero a min xordeme outra duda, pode ser relacional este tipo de afirmacións (non a homosexualidade, menosprezo da muller...) ao tipo de educación que recibiu este señor? ou a súa ideoloxía? Pensadeo haber que vos parece. 

    Un saudiño compis

  • Por Adrian Bernardez Pintos

    Que tal compañeiros!Primeiramente falando sobre o famoso ''personaxe'' debo dicir que na miña opinión deberíaselle cesar sen perder o tempo xa que, na miña opinión este tipo de afirmacións e a estas alturas non me parecen máis que unha búsqueda de protagonismo moi pobre por parte do susodito, co deberíaselle destituir e non darlle mais pé o tema. E lamentable iso si, que estas declaracións se emitan dende a figura dun catedrático e inda por riba, nun relacionado coa educación o cal na miña opinión debería ter a mente máis aberta xa que non esta perxudicando só aos homosexuais ou as mulleres, senon a toda a sociedade española que segue a lastrar algún cheiro a dictadura que sufrimos, algo que o único que fai e mermar o progreso da cidadanía e da súa cultura.

    En canto a pregunta de Álvaro, sinceramente penso que por unha parte sí que a súa educación e ideoloxía puido influir nas súas declaracións, pero lendo o do cromosoma XXX e ese tipo de barbaridades, pareceme máis que esta persoa está empezando a ''chochear'' falando rápido e mal.

    Unha pena que se lle de bombo periodístico a este tipo de cousas que oculta o gran labor que se está a desenvolver na USC. Señor Neira, cale, faga o favor...

  • Por jorge alvarez gonzalez

    Boas compañeiros! Pois respecto as preguntas que formulou Álvaro, penso que quizáis que si se poida deber o tipo de educación que recibiu este señor, pero isto non serve de escusa. Quero dicir, que como xa sabedes antes a educación era máis "machista" e "sexista"; o que facía que se creasen sentimos e ideoloxías de rechazo. Como xa dixen, penso que esto non serve como motivo para que fixera esas declaracións, e menos por parte dun profesor e educador. ¿Qué clase de educación imparte un señor que di este tipo de cousas?. Nos tempos que corren creo que xa todos somos maiorciños para ter unha mentalidade aberta, onde o respeto é algo fundamental.