Reflexión final

 Creo convinte facer unha breve discursión sobre o que nos pareceu a materia de "Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado". Qué vós pareceu a materia en si? E qué reflexión facedes sobre o voso traballo nesta Rede Social?

Respuestas

  • Por Beatriz Lopez Muniz

    Pareceme unha boa idea, creo necesario facer esa entrada final de reflexión para facer un peche do stellae o máis completo posible.

  • Por marta paz mouriño

     Considero que a materia en sí nos foi de grande utilidade para comprender o importante que é a formación dos profesionáis, debido a que a sociedade está en contínuos cambios.

    Tamén foi interesante a maneira de traballar, posto que non se basa simplemente nunha proba obxectiva, senón que se observa o proceso, e o esforzo do alumnado.

    En canto aos traballos en grupo, é un elemento interesante poder compartir ideas con outros compañeiros e reflexionar sobre a gran cantidade de temas que esta materia engloba.

    Con todo isto, cabe decir que a miña valoración é positiva, xa que durante estos meses, traballamos de forma diferente ás outras materias e aprendemos gran cantidade de cousas que nos serán de grande utilidade tanto na nosa vida personal como profesional.

  • Por Beatriz Lopez Muniz

    Complementando ao que aporta Marta, esta materia serviunos para coñecer máis sobre a labor docente para deste xeito comprender todavía máis a figura do profesor. É certo que todos tiñamos constancia de que a profesión docente non era unha tarefa sinxela, pero persoalmente non tiña constancia de que fora tan complicada. As situacións diarias as que se ten que afrontar o profesor nunha clase tan multicultural (como ben di Marta estamos vivindo nunha sociedade cambiante, unha sociedade líquida) son cada día máis complicadas e verdadeiramente a formación que estes reciben moitas veces non e a suficiente ou a axeitada. Unha vez cursado esta materia, teño máis claro que como pedagogas e pedagogos temos que loitar por unha educación de máis calidade, facer fronte a esas leis educativas (véxase o exemplo da LOMCE traballada en clase) que debilitan a esencia da educación e fan a que a tarefa docente poida chegar a ser unha profesión nada ou pouco motivadora para aqueles que se dedican a este ámbito. Enlazando coa motivación docente, tal e como vimos en clase é un dos puntos fundamentais para realizar esa labor dun xeito satisfactorio, máis non o único, neste sentido, faise necesario que os mestres presenten unha capacidade para sair adiante, para sobrepoñerse aos periodos de estrés ( o que técnicamente se coñece como resiliencia). Recordemos que a profesión docente é unha labor directa con outras persoas polo que non é dificil que existan situacións pouco gratas, máis se temos en conta, unha vez máis, as malas condicións que día a día se establecen para a docencia.

    Xa para rematar, en relación ao traballo en grupo considero que foi unha moi boa experiencia. Unha vez máis nutrimonos das aportacións dos compañeiros, pero esta vez de xeito diferente xa que o noso traballo foi fundamentalmente a través da rede. O feito de reflexionar e analizar sobre temáticas, de gran a actualidade como as relativas a educación e a formación docente, en grupo provocou que todos nos nutrisemos das ideas, aportacións e valoracións dos demáis o que fixo este proceso máis motivador e satisfactorio.

  • Por Daniel Peña Albores


     Estou totalmente de acordo coas boas conclusións. Considero a materia como un foco de aprendizaxe imprescindible para os profesionais que vaian intervir tanto no amplo marco da educación, como no contexto concreto do ámbito escolar. En relación co que aportas, Bea, cando afirmas que "os pedagogos e pedagogas temos que loitar por unha educación de calidade", ademais de estar de acordo co que dis, considero que se os profesionais doutros ámbitos, como poden ser os políticos, impartisen esta materia, reduciríase a politización da educación e centraríanse no que é realmente importante para a sociedade: crear un sistema educativo inclusivo, xusto, plagado de oportunidades para toda a poboación e que se adapte ós novos cambios que van xurdindo no mundo.

     En canto, o termo de resiliencia, creo que, en maior medida aqueles docentes que teñen a mente máis aberta, sen importar a idade, están a loitar e saíndo adiante como poden ante todas as dificultades que se lle van presentando. Isto puidémolo observar no noso traballo sobre a 'Marea verde'. Debido a isto considero que a vocación non é unha tarefa pendente, senón un tema sobre o que se debe seguir traballando para impedir que se perda. Persoalmente, opino que resultaría máis óptimo e positivo traballar sobre o tema da identidade do profesorado, xa que, en relación coa aportación de Marta, que tamén destacaches Bea, preséntasenos un mundo líquido, e, como ben afirmas Bea "a profesión docente é unha labor directa con outras persoas", polo que se deberá enfrontar a esas realidades día tras día, en consecuencia deberá posuír unha identidade adaptada a este sistema. 

     Respecto o noso traballo en grupo considéroo, igual ca vós, bastante proveitoso, eficaz e ameno. Todos xa traballaramos algunha vez xuntos, polo que realmente xa coñeciamos as diferentes metodoloxías de traballo de cada un. Creo que fixemos moi ben, a pesar de realizar certos sacrificios polo tema dos horarios, quedar en persoa para realizar as nosas reflexións e traballos de grupo. A nivel persoal debo destacar que se realizase estas mesmas actividades só, non chegaría a moitas das conclusións as que chegamos como grupo, polo que podo afirmar que os demais membros do grupo me axudastes a ter outras visións da temática. Destacar que todas as temáticas que se propuxeron a nivel de grupo foron certamente atractivas e servíronme, polo menos a min, para coñecer temas da actualidade educativa que descoñecía. 

     Simplemente, conclúo esta pequena reflexión final, dando as grazas os demais membros do grupo pola súa colaboración nos nosos traballos conxuntos, os cales resultaron certamente produtivos a nivel persoal.