Plataforma e-learning. MOODLE

Plataforma e-learning. MOODLE
Por Laura Pereira Mallo

Relacionado coa miña última entrada sobre plataformas e-learning vou agregar información sobre unha das que se nos falaou na clase e que tamén mencionei na miña última entrada.

Moodle é un Sistema de Xestión de Cursos de Código Aberto, coñecido tamén como Sistema de Xestión de Aprendizaxe. O obxectivo do proxecto Moodle é facilitar aos educadores as mellores ferramentas para xestionar e promover a aprendizaxe, dispón de características que permiten escalar con centos de estudantes, pero tamén pode ser utilizado en escolas. Moitas insititucións emprégano como a súa plataforma para a formación en liña mentres que outra utilízano como apoio á formación presencial.

É moi popular entre os educadores de todo o mundo como unha ferramente para crear sitios web dinámicos na liña para os seus estudantes.