images.jpg

Gustaríame compartir esta imaxe porque me parece moi significativa, xa que aínda que non sexa unha imaxe real, creo que algo falla na educación dos máis novos. É evidente que cada vez pasamos máis tempo enganchados á rede, ben nas redes sociais, xogando ou unha infinidade de posibilidades que temos ao noso alcance.

Baixo o meu punto de vista, o uso da internet ten moitos aspectos positivo, pero sen embargo creo que o seu emprego excesivo ten tamén moitos aspectos negativos xa que leva ao illamento. Moitas veces nin sequera nos damos conta da cantidade de tempo que adicamos a estar diante da pantalla, chegando moitas veces a pasar moito máis tempo ca pantalla que coa xente que temos ao noso redor.